II Aberto de Billarda “A Terra Non Se Vende”.

Xa chegou, xa está aquí!! O II Aberto de Billada puntuable para a Conferencia Norleste da L.N.B..

Cartel de II Aberto de Billarda "A Terra non se Vende"

De novo, dende a Asociación Carabullo estamos a organizar unha nova edición de este aberto, que se enmarca na segunda xornada da Conferencia Norleste da Liga Nacional de Billarda, e como non podía ser de outra maneira, ca colaboración da propia Liga, da asociación de Veciños da Ponte de Outeiro e de Xotramu.

O lugar elexido, despois do éxito do ano pasado, non podía ser outro que o campo da festa de Outeiro, en donde a partir das 15:30 empezarán a voar as billardas.

Duas pistas para a disputa do aberto, outra máis para quen queira practicar e empezar, as instalacións do teleclube dos veciños de Outeiro con bar e servicios a disposición de todas as persoas que participen, megafonía a bourear toda a tarde, unha foliada posterior ao aberto, pinchos gratis para todo o mundo, queimada para quentar o corpo e o espíritu e moitas sorpresas máis son as que ofreceremos esta fin de semana billardeira no campo da festa, no campo da billarda.

Como o ano pasado tamén repartiremos uns espectaculares premios aos gañadores ou gañadoras do aberto. Árbores froiteiras para o primeiro, segundo e terceiro posto, xunto con abraiantes trofeos feitos a man por membros da Asociación. Ademáis de fabas de Lourenzá, as fabas do Gardarríos. Pero este ano, tamén haberá premio para o equipo gañador, o equipo que máis puntos sume levará unha cesta de productos do outono.

Aínda estás a pensar que facer esta fin de semana?? Non o penses máis e achegate o 19 á Ponte de Outeiro, en donde vos convidamos a pasar unha tarde-noite de billarda e festa!