Que se repita a historia… volve o Bravú!!

O 31 de outubro do 1994 (a unha e pico da madrugada) a historia musical e cultural galega deu un xiro que ninguén sabía a onde se dirixiría nin onde iba a parar. Parar? nunca parou! nunca tivo un fin! Ese día, visporas do II Castañazo Rock xuntaronse no Cabaleiro de Viana, en Chantada unhas xentes apaixoadas, xentes que lles fervia o peito, xentes que estaban cansadas de tanta repunancia que se via a nivel político, social, musical… Aínda que xa pululaba antes o xerme, en ese mesmo momento bautizouse, no medio de estranas beberaxes, patacas, chourizos e carne como a de antes,sen pienso e sen química (como conta o Richi, dos Rastreros), o Rock Bravú! Eran anos de crise, manda carallo!! o mundo e cíclico, coma a súa repunancia!!

Xurxo Souto acompañando ao Impresentables e a Xermá Viluba (Skornabois) aquel 31 de Outubro do 94

Os Rastreros e o Caimán do Río Tea, na cea do Viana.

Sempre estivemos a velas vir! Compramos os maquinillos xaponeses, a música inglesa, as películas iankis… estamos no cu do mundo, e sabemolo, pero temos a mala ostia suficiente para tronzar o mundo. Frente a crise, frente a repunancia, arroutada e subversión! Xa o dixo Xurxo Souto fai anos, contra o mundo!

Os Skornabois antes de subir ao escenario do II Castañazo Rock, ano 1994

Portada do mítico disco "Unión Bravú"

A actual situación non axuda para que a xenreira bravú disminua. Todo aquelo que os mocosos coma min vivimos e escoitamos sendo unhas criaturas está a florecer de novo, no medio da merda que nos rodea está a rexurdir o espíritu indomable que irmáns maiores sementaron fai vinte anos. Porque no esterco nacen as mellores flores.

Ex-Tensión Agraria. gañadores do concurso de bandas emerxentes para tocar no Castañazo 2013

É o momento, aquí e agora. Tomemos o testigo! O Castañazo 2013 xa o sabe, por iso este ano lle da a oportunidade a Ex-Tensión Agraria de retornar ao bravú, o rock indíxena boureará sobre o escenario do mercado gandeiro de Chantada e de alí a cada recuncho desta terra asoballada para espertar conciencias. Volvemos a escoitar a Xenreira, os Diplomáticos, os Rastreros, os Papaqueixos,  os Skornabois, os Túzaros… seguimos a escoitar a Zënzar, os Ulträqäns, ao Leo, a Dios Ke te Crew… empezamos xa a escoitar a Ex-Tensión Agraria, a Sacha na Horta, a Skandalo GZ e a quince mil grupos máis! Escoitamos música en galego, non hai programas, nin ideas preconcebidas, nin uniformes. Unidas pola terra, a lingua é a música, como decía Manuel Rivas, os bravús son unha Confederación Irmandiña, peiteados polo vento, guerreiros e guerreiras desbrozando corredoiras cegas.

25 anos levan os Zënzar facendo rock en Galego, e por suposto, unha das bandas que tamén actuou no Castañazo.

Os Papaqueixos, presentes naquela xuntanza do 94 en Chantada, no II Castañazo. E tamén o ano pasado, 18 anos máis tarde.

Cantaban os Diplomáticos, “non temos medo, temos fame”. A Tropa da tralla reclamate , a arroutada é un alimento poderoso! Ao igual que a música, a L.N.B. soupo canalizar toda esa bravura. Eu non sei facerlle soar a unha guitarra, os meus coñecementos musicais reducense a saber que as cordas dun baixo soen ser catro e máis delgadas cas dun cordón de empacar, pero sei coller un palán e darlle con todas as miñas ganas a billarda e mandala chea de carraxe contra toda esta repunancia que temos ao redor. O actual sistema está a preocuparse pola armas de destrucción masiva, esas armas temolas nos! Cando todo o mundo parece sucumbir ante o imperio do consumismo, unha terra poboada por xentes irreductibles, resiste agora e sempre ao reino da repunancia coas súas armas de destrucción masiva, que non son outras que a nosa poción máxica, o cerebro!

Fai agora dezanove anos daquela xuntanza no Cabaleiro de Viana, en Chantada. Nada mellorou, se cadra, empeorou, se cadra, se cadra… Nin se cadra nin ostias! Golpe na mesa! Contra a repunancia desta sociedade actual. É o momento, nunca deixou de selo, de que o espíritu bravú volva con máis forza para dar unha patada nos collóns do sistema!

Xa temos moito camiño percorrido, non hai unha meta, aprendemos a bailar no gume da navalla, algo se coce en cada concerto, en cada aberto de billarda, en cada xuntanza ao redor dun licor café ou de unhas cañas… Se pensas que está todo vendido, recorda que temos o dereito a protesta e a pataleta, iso nunca no lo poderan sacar. Iso será un verme, un verme que medre para mudar as conciencias e o sistema, un verme que se convirta nunha avelaiña na busqueda da luz, un verme homicida…

 

2 reflexións sobre “Que se repita a historia… volve o Bravú!!

Os comentarios están pechados.