Carabullo chega Belfast! I Aberto Internacional de Belfast.

A  Asociación Carabullo afronta a súa segunda aventura internacional.

Despois de que, fai un ano e medio, participaramos en un rally con fins solidarios, o Mongol Rally, chegando ata Ulaan Baattar (capital de Mongolia) cargados de axuda. Agora o reto é diferente, agora imos a representar a Galiza no I Aberto Internacional de Belfast.

O próximo domingo 14 de abril, unha representación de Carabullo unirase ao noso compañeiro Tino, para irmandar dous paises por medio da súa cultura e dun xogo tradicional que, pouco a pouco está a alcanzar xa o estatus de un deporte nacional.

O Botanic Garden de Belfast, será o lugar elexido para esta histórica cita na que dous pobos irmáns se unirán na súa loita común, a defensa da súa cultura, porque como reza un dos míticos murais de Irlanda do Norte, “Gaelic Games, part of our heritage“, os xogos gaelicos (tradicionais) son parte da nosa herdanza.

Dende Carabullo encargamonos da xestión deste evento, pero contando coa inestimable axuda da LNB e da Experience Gaelic Games, para facer posible este desafiante reto, que contará coa retransmisión, que as redes sociais e as circunstancias do momento no lo permitan, para que poidades seguir este histórico Aberto.

Todo o mundo atento este domingo ás seguintes ligazóns:

http://www.facebook.com/pages/Carabullo-Asociaci%C3%B3n-Cultural-e-Xuvenil-Muimenta/360193164005250

http://www.facebook.com/ovaral.billarda?fref=ts

https://twitter.com/OVaralBillarda

http://ovaral.blogspot.com.es/