Acto informativo sobre o “conflicto das minas”

Comisión Contra as Minas na Terra Chá, da cal forman parte unhas trinta Asociacións da Terra Chá e entre elas Carabullo, está a organizar un acto informativo para explicar como está a día de hoxe o conflicto da explotación de seixo na Terra Chá. Este acto terá lugar na Casa da Cultura de Muimenta o vindeiro sábado 23 de marzo a partir das 17:30.

Nas últimas semanas tivemos unha serie de novas que deron un xiro importante ao contencioso que a veciñanza chairega mantén contra a multinacional Erimsa. Por iso a Comisión quere dar conta do traballo realizado ata o momento e do camiño a seguir en esta loita pola defensa da Terra Chá e os intereses das súas xentes.

Cartel dos actos de este vindeiro sábado 23 de marzo.

Despois de unha breve exposición sobre a actualidade do conflicto, dará comenzo a obra teatral “Vaise pechar outra casa máis”. Obra que fai tres décadas, foi a máis exitosa de todas cantas puxo en escea o grupo de teatro Os Baluros de Castro de Rei. Aquela mítica peza volverá cobrar vida da man dos mesmos protagonistas de antano.

“Vaise pechar outra casa máis” foi escrita hai máis de 30 anos por Julio Pita Muinelo, coa colaboración de Xosé Manuel Carballo, que tamén é o actual director, e aborda o tema da emigración. Está ambientada hai 30 anos, pero segue tendo vixencia. Se non conseguiramos deter a explotación de seixo na Chaira, non só se iba a pechar outra casa, pecharíanse moitas. Causado pola destrución do solo agrario, da actividade socieconómica (o motor da comarca é o sector agrogandeiro) e do equilibrio medioambiental. Ademáis do impacto paisaxístico e cultural que quedaría destruido, a Terra Chá é as súas xentes, pero tamén os seus camiños, os seus regos, as súas pontellas, os seus muiños…