Festival Solidario en prol de Adrian Chao.

Dende Carabullo querémonos unir a esta iniciativa solidaria que a asociación Acapa Show de Muimenta está a organizar en prol de Adrian Chao, un neno Vilalbes que con tan só catro anos sofre unha grave enfermidade, que lle obriga a recibir diferentes terapias: logopedia, terapia ocupacional, fisioterapia… o que supon uns custes de mil euros ao mes para a súa familia. Tendo en conta que o seu pai está desempregado, supón unha situación económica difícil de soster.

Cartel do Festival

En tempos de crise todo se volve máis difícil para esta sociedade, pero non podemos pasar por alto casos como o de Adrian. Algo tan sinxelo como o feito de gardar tapóns de plastico e traelos ao Festival, pode ser de moita axuda, xa que a súa familia, en colaboración co Banco de Tapóns do Baixo Miño,esta a recollelos para recadar fondos a través da venta destes a unha planta de reciclaxe.

Tamén podes axudar con unha aportación económica en unha urna que estará colocada no pavillón do colexio de Muimenta, escenario de este Festival solidario que empezará ás catro da tarde e contará ca participación das Pandereteiras de Pol, a orquestra Acapa Show, exhibicións de baile deportivo e de salón, video-saudos de persoaxes como Susana Seivane, os Cantajuegos, Gayoso… ademáis de moitos máis xogos e sorpresas. Presentado todo esto polas xornalistas Maite Corbelle e tania Lombao. A entrada será gratuita.

Se non podes asistir a este Festival, recorda gardar eses tapóns, xa que tanto a Asociación Carabullo como Acapa Show recollerémolos para poder entregalos en calquera dos puntos de recollida que existen na Terra Chá. Tamén podedes facer a vosa achega económica no seguinte número de conta que a súa familia abríu no Banco Caixa Geral  : 0130 3063 27 0209993647

Agardamos que poidades asistir e que acheguedes a vosa axuda, por pequena que sexa, todo suma. Iniciativas coma esta fan de esta sociedade unha sociedade mellor.