I MOSTRA DE CURTAMETRAXES.

Dende a Asociación Carabullo queremos invitarvos a que nos acompañedes no novo proxecto que xa botou a andar; a “I Mostra de Curtametraxes”, que organizaremos o día 14 de Marzo a partir das 22:00 H. na igrexa vella de Muimenta.

Aquí vos presentamos o cartel:

Cartel da "I MOSTRA DE CURTAMETRAXES"

Dentro desta mostra poderemos disfrutar dos traballos de xente con moito talento! Por exemplo presentaranos a súa curta, “Verbas”, unha veciña de Muimenta, Andrea Maseda Prado. Outra descendente de Muimenta, Irene Basanta Pin mostrará o seu traballo “Querido Godot”. Tamén teremos cabida para uns dos grandes no audiovisual galego como son os santiagueses PixelFilms con “Cores” e o polifacético artista das Encrobas, Xosé Bocixa ca súa curtametraxe “Unha Muller Que Pasa”, basada na obra de Rosalía. Dende A Coruña, Shaman Visuals traerannos “El Último Ciclo de Luna”. Tamén estará presente a LNB (Liga Nacional de Billarda) con tres dos seus traballos feitos dende a súa canle, Tele Varal, “19:11″, Lipdub” e “O Gran Golpe”. E como non podía ser de outra forma, contamos cos meiregos de Gaita Filmes que, a parte de presentarnos as súas curtas, “A Porta” e “O Paquete”, tamén nos explicaran en que consiste o seu novo proxecto “Dhogs”.

Pronto vos daremos máis información sobre o evento, de momento seguide o noso blogue e o noso Facebook.