I MOSTRA DE CURTAMETRAXES.

Dende a Asociación Carabullo queremos invitarvos a que nos acompañedes no novo proxecto que xa botou a andar; a “I Mostra de Curtametraxes”, que organizaremos o día 14 de Marzo a partir das 22:00 H. na igrexa vella de Muimenta.

Aquí vos presentamos o cartel:

Cartel da "I MOSTRA DE CURTAMETRAXES"

Dentro desta mostra poderemos disfrutar dos traballos de xente con moito talento! Por exemplo presentaranos a súa curta, “Verbas”, unha veciña de Muimenta, Andrea Maseda Prado. Outra descendente de Muimenta, Irene Basanta Pin mostrará o seu traballo “Querido Godot”. Tamén teremos cabida para uns dos grandes no audiovisual galego como son os santiagueses PixelFilms con “Cores” e o polifacético artista das Encrobas, Xosé Bocixa ca súa curtametraxe “Unha Muller Que Pasa”, basada na obra de Rosalía. Dende A Coruña, Shaman Visuals traerannos “El Último Ciclo de Luna”. Tamén estará presente a LNB (Liga Nacional de Billarda) con tres dos seus traballos feitos dende a súa canle, Tele Varal, “19:11″, Lipdub” e “O Gran Golpe”. E como non podía ser de outra forma, contamos cos meiregos de Gaita Filmes que, a parte de presentarnos as súas curtas, “A Porta” e “O Paquete”, tamén nos explicaran en que consiste o seu novo proxecto “Dhogs”.

Pronto vos daremos máis información sobre o evento, de momento seguide o noso blogue e o noso Facebook.

Encontro arredor de “O Agasallo de Anya”.

Convidámosvos, na Igrexia Vella de Muimenta, á presentación en sociedade do nacemento dunha nova obra: O agasallo de Anya coa súa autora Sabela Nuñez Singala.
Haberá a posibilidade de adquirir o libro e levalo firmaldo por Sabela. Tamén contaremos con algo de múscia, baile,… e algunha cousa máis.

Deixamosvos tamén un enlace para que sigades de preto a obra desta veciña nosa: oagasallodeanya.blogspot.com.es. E no noso Facebook tamén poderedes ver as fotos da xornada.

Novos cursos para sair da casa neste Nadal.

 

Dende Carabullo queremos convidarte a botar un pé!!

Segue a tradición de vir bailar os venres a Muimenta. No local social do centro médico, todos os venres durante catro meses.


Podes apuntarte no: 669 660 836/660170179, por aquí mesmo ou no noso Facebook!!!

E ademáis nestas datas de nadal tamén comenzaremos con un curso gratuíto para iniciarse no alto lizo, so haberá que pagar os materiais empregados e cada persoa asistente creará o seu propio tapiz.
No mesmo local social do centro médico os sábados 14, 21 e 28 de decembro e o 4 de xaneiro.

As fotos dos tapices feitos no curso poderedes velas aquí, en esta ligazón.

Da a cara contra a violencia de xénero!!

Un ano máis, dende Carabullo imos dar a cara contra a violencia de xénero!!!! por se hai algunha dúbida: é aberto para todas as persoas interesadas ou que QUEIRAN DAR A CARA!!!!

A continuación deixamosvos unha lista cas frases que poderedes escoller para dar a cara contra violencia de xénero no photocall que montaremos, escolle as túas para a foto:

-Non te quero como a miña QU(F)ERIDA sumisa, querote como a miña compañeira.

-Quero compartir no traballo coa miña QU(F)ERIDA compañeira dereitos, obrigacións e salario.

-QU(F)ERIDAS, é tempo de ser libres!

-A túa QU(F)ERIDA vida vale tanto como a miña.

-Na escola xogo e aprendo en igualdade cas miñas QU(F)ERIDAS amizades.

-Que aguantas a situación polas QU(F)ERIDAS nenas? Se as queres liberate, liberaas.

-Sé home e respeta a túa compañeira. Non arruines a súa QU(F)ERIDA vida.

-A túa amada, a túa QU(F)ERIDA, a túa muller, a túa criada… NON É TÚA!

-Pola túa e a súa QU(F)ERIDA dignidade, rechaza o comercio de mulleres.

-As nosas QU(F)ERIDAS avoas do rural traballaron a reo en desigualdade. Corrixamos conciencias!

No noso Facebook poderedes ver todas as fotos!

II Aberto de Billarda “A Terra Non Se Vende”.

Xa chegou, xa está aquí!! O II Aberto de Billada puntuable para a Conferencia Norleste da L.N.B..

Cartel de II Aberto de Billarda "A Terra non se Vende"

De novo, dende a Asociación Carabullo estamos a organizar unha nova edición de este aberto, que se enmarca na segunda xornada da Conferencia Norleste da Liga Nacional de Billarda, e como non podía ser de outra maneira, ca colaboración da propia Liga, da asociación de Veciños da Ponte de Outeiro e de Xotramu.

O lugar elexido, despois do éxito do ano pasado, non podía ser outro que o campo da festa de Outeiro, en donde a partir das 15:30 empezarán a voar as billardas.

Duas pistas para a disputa do aberto, outra máis para quen queira practicar e empezar, as instalacións do teleclube dos veciños de Outeiro con bar e servicios a disposición de todas as persoas que participen, megafonía a bourear toda a tarde, unha foliada posterior ao aberto, pinchos gratis para todo o mundo, queimada para quentar o corpo e o espíritu e moitas sorpresas máis son as que ofreceremos esta fin de semana billardeira no campo da festa, no campo da billarda.

Como o ano pasado tamén repartiremos uns espectaculares premios aos gañadores ou gañadoras do aberto. Árbores froiteiras para o primeiro, segundo e terceiro posto, xunto con abraiantes trofeos feitos a man por membros da Asociación. Ademáis de fabas de Lourenzá, as fabas do Gardarríos. Pero este ano, tamén haberá premio para o equipo gañador, o equipo que máis puntos sume levará unha cesta de productos do outono.

Aínda estás a pensar que facer esta fin de semana?? Non o penses máis e achegate o 19 á Ponte de Outeiro, en donde vos convidamos a pasar unha tarde-noite de billarda e festa!

Que se repita a historia… volve o Bravú!!

O 31 de outubro do 1994 (a unha e pico da madrugada) a historia musical e cultural galega deu un xiro que ninguén sabía a onde se dirixiría nin onde iba a parar. Parar? nunca parou! nunca tivo un fin! Ese día, visporas do II Castañazo Rock xuntaronse no Cabaleiro de Viana, en Chantada unhas xentes apaixoadas, xentes que lles fervia o peito, xentes que estaban cansadas de tanta repunancia que se via a nivel político, social, musical… Aínda que xa pululaba antes o xerme, en ese mesmo momento bautizouse, no medio de estranas beberaxes, patacas, chourizos e carne como a de antes,sen pienso e sen química (como conta o Richi, dos Rastreros), o Rock Bravú! Eran anos de crise, manda carallo!! o mundo e cíclico, coma a súa repunancia!!

Xurxo Souto acompañando ao Impresentables e a Xermá Viluba (Skornabois) aquel 31 de Outubro do 94

Os Rastreros e o Caimán do Río Tea, na cea do Viana.

Sempre estivemos a velas vir! Compramos os maquinillos xaponeses, a música inglesa, as películas iankis… estamos no cu do mundo, e sabemolo, pero temos a mala ostia suficiente para tronzar o mundo. Frente a crise, frente a repunancia, arroutada e subversión! Xa o dixo Xurxo Souto fai anos, contra o mundo!

Os Skornabois antes de subir ao escenario do II Castañazo Rock, ano 1994

Portada do mítico disco "Unión Bravú"

A actual situación non axuda para que a xenreira bravú disminua. Todo aquelo que os mocosos coma min vivimos e escoitamos sendo unhas criaturas está a florecer de novo, no medio da merda que nos rodea está a rexurdir o espíritu indomable que irmáns maiores sementaron fai vinte anos. Porque no esterco nacen as mellores flores.

Ex-Tensión Agraria. gañadores do concurso de bandas emerxentes para tocar no Castañazo 2013

É o momento, aquí e agora. Tomemos o testigo! O Castañazo 2013 xa o sabe, por iso este ano lle da a oportunidade a Ex-Tensión Agraria de retornar ao bravú, o rock indíxena boureará sobre o escenario do mercado gandeiro de Chantada e de alí a cada recuncho desta terra asoballada para espertar conciencias. Volvemos a escoitar a Xenreira, os Diplomáticos, os Rastreros, os Papaqueixos,  os Skornabois, os Túzaros… seguimos a escoitar a Zënzar, os Ulträqäns, ao Leo, a Dios Ke te Crew… empezamos xa a escoitar a Ex-Tensión Agraria, a Sacha na Horta, a Skandalo GZ e a quince mil grupos máis! Escoitamos música en galego, non hai programas, nin ideas preconcebidas, nin uniformes. Unidas pola terra, a lingua é a música, como decía Manuel Rivas, os bravús son unha Confederación Irmandiña, peiteados polo vento, guerreiros e guerreiras desbrozando corredoiras cegas.

25 anos levan os Zënzar facendo rock en Galego, e por suposto, unha das bandas que tamén actuou no Castañazo.

Os Papaqueixos, presentes naquela xuntanza do 94 en Chantada, no II Castañazo. E tamén o ano pasado, 18 anos máis tarde.

Cantaban os Diplomáticos, “non temos medo, temos fame”. A Tropa da tralla reclamate , a arroutada é un alimento poderoso! Ao igual que a música, a L.N.B. soupo canalizar toda esa bravura. Eu non sei facerlle soar a unha guitarra, os meus coñecementos musicais reducense a saber que as cordas dun baixo soen ser catro e máis delgadas cas dun cordón de empacar, pero sei coller un palán e darlle con todas as miñas ganas a billarda e mandala chea de carraxe contra toda esta repunancia que temos ao redor. O actual sistema está a preocuparse pola armas de destrucción masiva, esas armas temolas nos! Cando todo o mundo parece sucumbir ante o imperio do consumismo, unha terra poboada por xentes irreductibles, resiste agora e sempre ao reino da repunancia coas súas armas de destrucción masiva, que non son outras que a nosa poción máxica, o cerebro!

Fai agora dezanove anos daquela xuntanza no Cabaleiro de Viana, en Chantada. Nada mellorou, se cadra, empeorou, se cadra, se cadra… Nin se cadra nin ostias! Golpe na mesa! Contra a repunancia desta sociedade actual. É o momento, nunca deixou de selo, de que o espíritu bravú volva con máis forza para dar unha patada nos collóns do sistema!

Xa temos moito camiño percorrido, non hai unha meta, aprendemos a bailar no gume da navalla, algo se coce en cada concerto, en cada aberto de billarda, en cada xuntanza ao redor dun licor café ou de unhas cañas… Se pensas que está todo vendido, recorda que temos o dereito a protesta e a pataleta, iso nunca no lo poderan sacar. Iso será un verme, un verme que medre para mudar as conciencias e o sistema, un verme que se convirta nunha avelaiña na busqueda da luz, un verme homicida…

 

Carabullo chega Belfast! I Aberto Internacional de Belfast.

A  Asociación Carabullo afronta a súa segunda aventura internacional.

Despois de que, fai un ano e medio, participaramos en un rally con fins solidarios, o Mongol Rally, chegando ata Ulaan Baattar (capital de Mongolia) cargados de axuda. Agora o reto é diferente, agora imos a representar a Galiza no I Aberto Internacional de Belfast.

O próximo domingo 14 de abril, unha representación de Carabullo unirase ao noso compañeiro Tino, para irmandar dous paises por medio da súa cultura e dun xogo tradicional que, pouco a pouco está a alcanzar xa o estatus de un deporte nacional.

O Botanic Garden de Belfast, será o lugar elexido para esta histórica cita na que dous pobos irmáns se unirán na súa loita común, a defensa da súa cultura, porque como reza un dos míticos murais de Irlanda do Norte, “Gaelic Games, part of our heritage“, os xogos gaelicos (tradicionais) son parte da nosa herdanza.

Dende Carabullo encargamonos da xestión deste evento, pero contando coa inestimable axuda da LNB e da Experience Gaelic Games, para facer posible este desafiante reto, que contará coa retransmisión, que as redes sociais e as circunstancias do momento no lo permitan, para que poidades seguir este histórico Aberto.

Todo o mundo atento este domingo ás seguintes ligazóns:

http://www.facebook.com/pages/Carabullo-Asociaci%C3%B3n-Cultural-e-Xuvenil-Muimenta/360193164005250

http://www.facebook.com/ovaral.billarda?fref=ts

https://twitter.com/OVaralBillarda

http://ovaral.blogspot.com.es/

 

III encontro de Beisbol Muimenta-Outeiro.

Este ano retomamos este agardadisimo encontro entre dous pobos irmaos. Pero entre os que unha sa rivalidade lles fará poñer unha caixa de cervexas en xogo.

Cartel de este terceiro encontro.

O estadio de O Pichón, onde a S.D. Muimenta xoga como local, servirá de espazo para a disputa de un encontro que vai xa pola súa terceira edición, non consecutiva, e que comenzou xa fai uns cantos anos pola inquedanza de atopar un deporte no que, de unha maneira amigable, nos puideramos retar os dous pobos veciños sen unha clara ventaxa para ningún dos dous lados. Isto debese á completa ignorancia das reglas de xogo cas que partimos nun principio, así conseguimos unha mellora igual en cada equipo.

Participantes do II encontro, fai un par de anos.

Participantes do II encontro, fai un par de anos.

 

A participación esta aberta a calquera persoa, os equipos serán mixtos e non é necesaria a procedencia de ningún dos dous pobos para xogar. Iso sí, aquela persoa que participe deberá defender a morte ao seu equipo, xa que unha caixa de cervexas estará en xogo.

Para inscribirse, abonda con avisar no noso facebook, ou o propio día do encontro no campo de xogo ás 16:30.

Non estaremos á altura das potencias mundiais no beisbol, Venezuela, Rep. Dominicana, Cuba, Puerto Rico… Pero si tentaremos imitar o seu papel no pasado Clásico Mundial de Beisbol onde derrotaron e non deixaron clasificarse para as fases finais ás “pre-potencias” capitalistas como os EEUU ou os Paises Europeos. Eles pelexando polo Mundial e nos pelexando pola caixa de cervexas!!

 

 

 

 

Acto informativo sobre o “conflicto das minas”

Comisión Contra as Minas na Terra Chá, da cal forman parte unhas trinta Asociacións da Terra Chá e entre elas Carabullo, está a organizar un acto informativo para explicar como está a día de hoxe o conflicto da explotación de seixo na Terra Chá. Este acto terá lugar na Casa da Cultura de Muimenta o vindeiro sábado 23 de marzo a partir das 17:30.

Nas últimas semanas tivemos unha serie de novas que deron un xiro importante ao contencioso que a veciñanza chairega mantén contra a multinacional Erimsa. Por iso a Comisión quere dar conta do traballo realizado ata o momento e do camiño a seguir en esta loita pola defensa da Terra Chá e os intereses das súas xentes.

Cartel dos actos de este vindeiro sábado 23 de marzo.

Despois de unha breve exposición sobre a actualidade do conflicto, dará comenzo a obra teatral “Vaise pechar outra casa máis”. Obra que fai tres décadas, foi a máis exitosa de todas cantas puxo en escea o grupo de teatro Os Baluros de Castro de Rei. Aquela mítica peza volverá cobrar vida da man dos mesmos protagonistas de antano.

“Vaise pechar outra casa máis” foi escrita hai máis de 30 anos por Julio Pita Muinelo, coa colaboración de Xosé Manuel Carballo, que tamén é o actual director, e aborda o tema da emigración. Está ambientada hai 30 anos, pero segue tendo vixencia. Se non conseguiramos deter a explotación de seixo na Chaira, non só se iba a pechar outra casa, pecharíanse moitas. Causado pola destrución do solo agrario, da actividade socieconómica (o motor da comarca é o sector agrogandeiro) e do equilibrio medioambiental. Ademáis do impacto paisaxístico e cultural que quedaría destruido, a Terra Chá é as súas xentes, pero tamén os seus camiños, os seus regos, as súas pontellas, os seus muiños…

Festival Solidario en prol de Adrian Chao.

Dende Carabullo querémonos unir a esta iniciativa solidaria que a asociación Acapa Show de Muimenta está a organizar en prol de Adrian Chao, un neno Vilalbes que con tan só catro anos sofre unha grave enfermidade, que lle obriga a recibir diferentes terapias: logopedia, terapia ocupacional, fisioterapia… o que supon uns custes de mil euros ao mes para a súa familia. Tendo en conta que o seu pai está desempregado, supón unha situación económica difícil de soster.

Cartel do Festival

En tempos de crise todo se volve máis difícil para esta sociedade, pero non podemos pasar por alto casos como o de Adrian. Algo tan sinxelo como o feito de gardar tapóns de plastico e traelos ao Festival, pode ser de moita axuda, xa que a súa familia, en colaboración co Banco de Tapóns do Baixo Miño,esta a recollelos para recadar fondos a través da venta destes a unha planta de reciclaxe.

Tamén podes axudar con unha aportación económica en unha urna que estará colocada no pavillón do colexio de Muimenta, escenario de este Festival solidario que empezará ás catro da tarde e contará ca participación das Pandereteiras de Pol, a orquestra Acapa Show, exhibicións de baile deportivo e de salón, video-saudos de persoaxes como Susana Seivane, os Cantajuegos, Gayoso… ademáis de moitos máis xogos e sorpresas. Presentado todo esto polas xornalistas Maite Corbelle e tania Lombao. A entrada será gratuita.

Se non podes asistir a este Festival, recorda gardar eses tapóns, xa que tanto a Asociación Carabullo como Acapa Show recollerémolos para poder entregalos en calquera dos puntos de recollida que existen na Terra Chá. Tamén podedes facer a vosa achega económica no seguinte número de conta que a súa familia abríu no Banco Caixa Geral  : 0130 3063 27 0209993647

Agardamos que poidades asistir e que acheguedes a vosa axuda, por pequena que sexa, todo suma. Iniciativas coma esta fan de esta sociedade unha sociedade mellor.